Contrarrevolucions de veludoTeñen sido moitos ao longo destes anos
os arrepentidos e os traidores camuflados.
Disparan as calumnias contra os guías eternos
criminalizando os logros que obtiveron.
Os revisionistas fixeron un bo traballo
os imperialistas souberon agradecerllo.
Unha loita aberta contra os traidores da clase obreira.
Fillos da suorTraballamos para vivir, loitamos para vencer,
vida escrava e cruel: fillos da suor, fillas da suor.
Miseria nas nosas carnes, a rabia no noso sangue,
hai cadeas, explotación. Fillos da suor, fillas da suor.
Soldadores e tubeiros, fillos da suor
Pranchadoras, costureiras, fillas da suor
Carpinteiros e albaneis, fillos da suor
Golpe finalNos campos de batalla, en guerras encarnizadas,
o fascismo recibiu a derrota que se agardaba.
Foi o pobo, a clase obreira, antifascistas comunistas,
os que vos inflixiron unha derrota tan severa.
Foi a fouce e o martelo, a estrela socialista,
os que reduciron as aspiracións fascistas
O golpe, golpe final ao fascismo.
Guerra de clasesFouces e martelos en pé de guerra abren o camiño da bandeira vermella.
Cambiar o estabelecido segue a ser o noso obxectivo.
Guerra de clases contra a burguesía, un mencer vermello chegará o noso día.
E ti estarás na liña de fogo, até o último alento seguirás combatendo.
Cantos camaradas perderon a vida, a memoria histórica continúa viva.
A morte dun revolucionario non se chora cóllese o seu fusil, continúase a loita.
Non nos iremosTawfig Az-Zayad. Poeta Palestino.
Aquí enriba dos vosos peitos persistimos coma unha muralla.
Os vosos ollos, cascos de vidro; e os corazóns, tempestade de lume
Aquí enriba dos vosos peitos famentos, espidos, provocadores.
Somos os gardas da sombra das laranxeiras e oliveiras.
Novas BatallasEscomeza un novo día baixo o cruel reinado
Ditadura, explotación, economía de mercado
Lonxe quedan os momentos, os privilexios esmagados
Os anos de vitorias labrados polo proletariado
Viran novas batallas, viran novas batallas
Burgueses dexenerados, a batalla non ten rematado
Ollo por olloPesadas cadeas ao noso arredor, anos de aldraxe do imperio español.
Quixeron domar, quixeron castrar os nosos anceios de liberdade.
De liberdade, de liberdade, os nosos anceios de liberdade.
A Fonsagrada, Betanzos, Arteixo, Vigo, A Coruña, Chantada e Foz.
Monforte de Lemos, Lugo e Friol, a rúa da Terra, agosto en Ferrol.
Agosto en Ferrol, agosto en Ferrol, a rúa da Terra agosto en Ferrol.
Ollo por ollo, pobo meu, nas barricadas hai sitio pra ti.
Dente por dente contra o opresor, óense berros de rebelión.
Orgullo e HonorSomos vento, somos nación, vermella alborada, novo solpor
Somos pobo, revolución, lume contra a opresión
Somos ferro e formigón, pesadelo do patrón
Somos problema e solución, comezo e fin da explotación
Orgullo e honor, sangue, revolución
Orgullo e honor, ferro no corazón
ResistirA vida amósanos sempre
Que non nos podemos agachar
Sempre temos que atacar
Esmagar ao noso rival
Resistir cada asalto
Cada golpe do adversario
O sangue ferve nas túas veas
Semente de vencerÉ un espírito que non se esgota, é a forza de todo un pobo
que camiña pola victoria, que prefire camiñar erguido,
frente a frente contra o inimigo.
Estado imperialista español, inimigo do pobo traballador
Estado imperialista español, inimigo do pobo traballador
Oi! Oi! Oi! Independencia e Socialismo!
Soldados da historiaAno 36, da man de Franco, chega o terror e a opresión.
Un pobo triste e asoballado faille fronte ao tirano.
Nas frondosas fragas, agóchanse os escapados,
Os homes e as mulleres, do ferro e mais do arado.
Longa vida á guerrilla antifranquista!
Recordos soterrados dos nosos partisanos.